López Abella moderou onte por a tarde unha mesa de debate baixo o título Moi poucas mulleres en TIC: causas e consecuencias, que contou coa participación de Mar Pereira, directora da AMTEGA, Amparo Alonso, presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial, Íñigo Cuíñas, director da escola de enxeñaría de Telecomunicación da Uvigo e Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.
O programa “Connecting for Good Galicia” iniciou onte a súa andaina no Gaiás coa benvida institucional aos seis proxectos emprendedores de innovación social que integran a primeira edición desta iniciativa, impulsada pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia.
O grupo de Psiquiatría Clínica, Psiquiatría Social e Psicoterapia da USC partiu de varias probas con mímica e traballou con elas de cara a automatizalas para que o doente poida realizar adestramentos dende a súa casa.