MEAL fornece unha ferramenta TIC que achega formación para profesores, estudantes e profesionais da nutrición, permitíndolles adestrar aos nenos en materia de educación nutricional básica e en condutas alimentarias saudables.
Inventa en galego é unha proposta que IGACIENCIA lles fai aos centros educativos para que elaboren unha aplicación en Android na linguaxe de programación App Inventor. Esta ferramenta deberá reflectir os lugares interesantes e turísticos da zona na que os alumnos destes centros residan.
Partindo do alicerce dun brinquedo tan senlleiro como o Lego (abreviatura de dúas palabras danesas: leg godt, ou “xogar ben”) chega ás instalacións da Facultade de Informática da Coruña (FIC) o torneo First Lego League (FLL) Galicia 2016. O encontro terá lugar o 20 de febreiro dende as 8:30h até as 15:00h, quedando convidados a participaren estudantes de primaria e secundaria que sintan interese polas novas tecnoloxías e queiran traballar en equipo para presentar un proxecto científico.