Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo do evento

A edición galega da First Lego League 2016 celebrarase o día 20 na FIC

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 08/02/16 (08:08)

Partindo do alicerce dun brinquedo tan senlleiro como o Lego (abreviatura de dúas palabras danesas: leg godt, ou “xogar ben”) chega ás instalacións da Facultade de Informática da Coruña (FIC) o torneo First Lego League (FLL) Galicia 2016. O encontro terá lugar o 20 de febreiro dende as 8:30h até as 15:00h, quedando convidados a participaren estudantes de primaria e secundaria que sintan interese polas novas tecnoloxías e queiran traballar en equipo para presentar un proxecto científico.

Emporiso, na edición galega faranse dúas competicións de xeito parello: a Junior First Lego League (non competitiva), para nenas e nenos entre 6 e 9 anos; e a First Lego League, na que compiten equipos de 3 a 10 participantes de entre 10 e 16 anos acompañados por un adestrador. Esta última consta dunha proba de robótica, a presentación dun proxecto científico (este ano sobre o reciclado do lixo), e a demostración do desenvolvemento de valores como a cooperación, a valoración do traballo ben feito, o respecto ao traballo dos demais, etc.

Informar que a organización deste torneo corre a cargo de 3 centros da UDC: a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior (ámbalas dúas de Ferrol) e a Facultade de Informática da Coruña. Dende a organización apuntan que é precisa a participación desinteresada de voluntarios e voluntarias para garantir o éxito do evento. Para facerse voluntario cómpre consultar na web específica habilitada.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal