A primeiros de mes dende o Concello da Coruña deron conta do seu novo programa de divulgación da cultura dixital, que principiará a súa programación o vindeiro 13 de setembro co I Encontro Coruña Dixital, que baixo o lema de Coñecemento e creatividade dixital en man comúnxuntará a persoas interesada na material no Centro Ágora entre as 10:00 e as 19:30 horas, estando xa aberta a súa inscrición en liña ante a limitación de prazas para esta actividade.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reafirmou o compromiso da Xunta para poñer o desenvolvemento tecnolóxico ao servizo da inclusión social; ao servizo dos maiores —o 25% da poboación galega— e ao servizo das máis de 300.000 persoas con discapacidade que hai na Comunidade.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reafirmou hoxe o compromiso da Xunta para poñer o desenvolvemento tecnolóxico ao servizo da inclusión social; ao servizo dos maiores —o 25% da poboación galega— e ao servizo das máis de 300.000 persoas con discapacidade que hai na Comunidade. “Non imos deixar ninguén atrás”, aseverou, destacando que con este obxectivo nace Connecting for Good Galicia, que impulsará iniciativas emprendedoras de innovación social dixital con selo e acento galego.