Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel do evento

Ábrese a inscrición para o I Encontro Coruña Dixital que terá lugar o 13 de setembro

Versión para impresiónSend by email
A Coruña, 01/08/16 (08:42)

A primeiros de mes dende o Concello da Coruña deron conta do seu novo programa de divulgación da cultura dixital, que principiará a súa programación o vindeiro 13 de setembro co I Encontro Coruña Dixital, que baixo o lema de Coñecemento e creatividade dixital en man comúnxuntará a persoas interesada na material no Centro Ágora entre as 10:00 e as 19:30 horas, estando xa aberta a súa inscrición en liña ante a limitación de prazas para esta actividade.

O encontro, do que tamén achegan detalles a través do seu evento en Facebook, pretende dar a coñecer as principais tendencias e as iniciativas máis interesantes no eido da cultura dixital, da innovación social a través das prácticas dixitais, dos proxectos tecnolóxicos sociocomunitarios, dos contidos dixitais colectivos, do espírito Maker e tamén de proxectos abertos de programación e robótica educativa. Para iso contarase con convidados como Juan Freire, coruñés actualmente involucrado no proxecto educativo Xtribe; José Luís de Vicente, comisario do Sónar+D; Beka Iglesias, artista galega especializada en interacción multimedia; Francisco Díaz, integrante de La Residencia Creación Colectiva e involucrado no MediaLab Prado; Fran Quiroga, entre outras cousas, coordinador do CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC; María Yáñez, experta en contidos dixitais comunitarios; Chus Prol, xestora de Doutroxeito Coworking; e a xente deEscornabot (proxecto nacido do colectivo coruñés Bricolabs).

A sesión matinal, de 10:00 a 14:30 horas acollerá charlas e conversas de formatos áxiles (menos de 20 minutos cada unha) para que, xa pola tarde, de 16:30 a 19:30 horas, calquera poida participar nas mesas redondas horizontais onde compartir coñecemento e experiencias cos convidados.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal