Terá ascensor o museo?, contarán con baño adaptado no restaurante?, haberá rampla de acceso á praia?? estas e outras moitas preguntas son as que se cuestionan miles de persoas cada día antes de saír de casa. Ante esta realidade nace Mapcesible, a App colaborativa de accesibilidade impulsada por Fundación Telefónica que conta co apoio de COCEMFE e o apoio técnico de ILUNION. Dispoñible para descarga gratuíta en:
Google Play
App Store