Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazo de StorySign.

Huawei aposta pola tecnoloxía para ler contos a nenos en lingua de signos

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 05/12/18 (10:32)

Un dos momentos máis especiais para moitos pais e nenos é contar un conto antes de deitarse, con todo, iso é máis complicado no caso de que os pequenos teñan discapacidade auditiva.

Nestes casos, a tecnoloxía e a intelixencia artificial ofrece solucións como a aplicación desenvolvida por Huawei que traduce contos infantís a lingua de signos.

A aplicación chámase StorySign e está dispoñible en 10 linguas de signos diferentes. Cada unha delas conta no seu lanzamento cun conto preparado para que o avatar Star o narre en lingua de signos.

Huawei aproveitou o Día Internacional das Persoas con Discapacidade para lanzar esta aplicación que, no caso da Lingua de Signos Española, vén preparado no lanzamento para interpretar o conto "Onde está Spot?", de Eric Hill.

Os pequenos terán que apuntar cun móbil ou tableta ao texto do conto e Star encargarase de interpretar o que está escrito en lingua de signos. Para iso, é necesario que teñan o conto físico para poder traducilo a LSE.

A aplicación StorySign está dispoñible na Play Store de Google e na tenda de aplicacións de Huawei, AppGallery. Para a súa elaboración, a compañía contou coa colaboración de organizacións como a Unión Europea de Xordos ou a Asociación Británica de Xordos.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal