Safety GPS é unha plataforma de intercambio de información xeolocalizada que permite enviar e recibir avisos sobre calquera suceso que supoña unha emerxencia
Impulsar a Responsabilidade Social Empresarial no sector TIC galego e fomentar a difusión dos produtos e solucións de tecnoloxía social son os dous obxectivos globais do protocolo asinado onte en Santiago entre a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e os presidenteS de Agestic, José María López Bourio; de Eganet, Víctor López García; do Clúster TIC, Antonio Rodríguez del Corral e o vicepresidente de Agasol, Javier Castaño Garcia.
O Programa Voluntariado Dixital da Xunta e a Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA), entidade colaboradora do Programa, puxeron en marcha en Teixeiro (A Coruña) o cuarto dos talleres da iniciativa “Tecnoloxía e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos”.