GOUPTO.ME é unha aplicación exclusiva para os smartphones que pretende ser unha ferramenta máis para axudar á desfibrilación precoz cando se produce un paro cardíaco.
The Vodafone Foundation celebra este xoves 5 de decembro en Bruxelas a gala de remate do certame Mobile for Good Europe Awards, uns galardóns que se dirixen a seleccionar as mellores aplicacións móbiles vencelladas á tecnoloxía social, ou sexa inseridas nas categorías de Saúde, Educación, Accesibilidade para colectivos con diversidades funcionais ou motrices ou Servizos Públicos.
Co gallo da celebración do Día Internacional do Voluntariado o vindeiro 5 de decembro, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza, no marco do Programa de Voluntariado Dixital, a xornada Novos Perfís Profesionais na Era Dixital.