A cadea de supermercados Condis Life, xunto coa empresa Consultoría Escucha+, inaugurou un novo local en Móstoles que leva incorporado un bucle magnético na súa caixa principal de cobramento para facilitar a compra e axudar aos clientes con discapacidade auditiva.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha unha nova vía de acceso á información e ao asesoramento dirixida á mocidade a través das aplicacións móbiles de mensaxería instantánea (Whatsapp e Telegram) no número 647018752
A Rede de Centros para Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) impartirá despois do verán os cursos do Plan Ofimático de Galicia, necesarios para a obtención do certificado de competencias dixitais en ofimática (CODIX), que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O CODIX acredita a formación neste materia da persoa titular, ante calquera instancia pública ou privada.