Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Quérote+

O equipo dos centros Quérote+ atenderá aos mozos e mozas a través de dous programas de mensaxería instantánea


  • Os traballadores ofrecerán información e asesoramento en relación ás temáticas que abordan desde o centro

  • O servizo estivo en funcionamento durante tres meses e recibiu máis de 150 consultas, polo que se agarda que sexa moi utilizado grazas a súa facilidade de acceso e inmediatez

  • É especialmente útil para as persoas que non poden acudir a un centro de maneira presencial ou que prefiran gardar o seu anonimato

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/05/14 (10:23)

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha unha nova vía de acceso á información e ao asesoramento dirixida á mocidade a través das aplicacións móbiles de mensaxería instantánea (Whatsapp e Telegram) no número 647018752.


O equipo profesional dos centros Quérote+ atenderá este servizo e ofrecerá a mozos e mozas información e asesoramento en relación ás temáticas que abordan desde o mesmo (convivencia, imaxe corporal, sexualidade e afectividade, uso seguro das novas tecnoloxías e prevención de consumos).


Os mozos e as mozas no día a día comunícanse, intercambian información, fotos, afianzan relacións persoais, a través das diferentes aplicacións de mensaxería instantánea existentes no mercado. A Dirección Xeral, coñecedora desta realidade, ofrécelle á mocidade a posibilidade de que agreguen a Quérote+ e que formulen todas as consultas que teñan, sabendo que terán respostas dun equipo profesional.


O servizo estivo en funcionamento durante tres meses e recibiu máis de 150 consultas, polo que se agarda que sexa moi utilizado grazas á súa facilidade de acceso e inmediatez, especialmente útil para as persoas que non poden acudir a un centro de maneira presencial ou que prefiran gardar o seu anonimato.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal