Turismo de Galicia vén de poñer en marcha na súa web a aplicación A maxia dos mosteiros, unha iniciativa que posibilita unha visita completa a 88 mosteiros e conventos galegos a golpe de clic, desde a pantalla do ordenador, tableta ou smartphone.
Máis de 700 mozos e mozas participaron nalgún dos 57 foros “Taller de ideas: cara o emprendemento desde a participación”, organizados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar.
Un total de 63 proxectos de 50 centros educativos concorren aos primeiros premios de innovación na Formación Profesional, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co obxectivo de potenciar o emprendemento, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, buscando a calidade e a excelencia na Formación Profesional