A conselleira de Sanidade salientou que Innova Saúde e Hospital 2050 supoñen o maior proxecto de innovación sanitaria de Galicia e permitirán ao Servizo Galego de Saúde desenvolver un modelo asistencial baseado nas novas tecnoloxías, o que posibilitará mellorar a súa eficiencia e calidade asistencial, garantindo a sustentabilidade do sistema.
O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta pon en marcha o seu Plan de Formación 2014: “Innovación e transformación dixital 2.0” que se desenvolverá entre o 19 e xuño e o 11 de xullo.
A Consellería de Traballo e Benestar impartiu ao longo deste ano,a través do servizo Quérote +, un total de 525 obradoiros de 100 minutos de duración e as temáticas foron: convivencia, uso seguro das TICs, prevención do consumo de alcol, imaxe corporal e autoestima e sexualidade e afectividade