Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Tríptico do curso ‘Filantropía e Mecenazgo

Fundación ONCE aposta por innovar en Responsabilidade Social para avanzar en inclusión

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/07/14 (08:51)

Fundación ONCE apostou por innovar en Responsabilidade Social para “avanzar en inclusión social e normalización das condicións de vida das persoas con discapacidade”.


Así o sinalóu o vicepresidente executivo de Fundación ONCE, Alberto Durán, durante a súa participación na mesa redonda ‘A ciencia como fin da acción social’ que tivo lugar no marco do curso ‘Filantropía e Mecenazgo. O valor do compromiso social’ organizado pola Fundación Eduardo Barreiros na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.


Segundo afirmou, o impulso das políticas de RSE por parte das empresas, administracións públicas e organizacións, supón "unha grande oportunidade" para avanzar en normalización. Neste sentido, a sostibilidade "debe considerar a igualdade de oportunidades e a non discriminación, así como a inclusión social de grupos desfavorecidos". Para o vicepresidente executivo de Fundación ONCE, a sostibilidade "non" pode entenderse se non contribúe á cohesión social".


Ademais, Durán afirmou que as persoas con discapacidade constitúen un "grupo de interese ao que ter en conta á hora de adoptar políticas transversais de RSE e acción social", entre as que destacou as que promovan o acceso por parte do colectivo ao mercado de traballo. Por iso, continuou, os procesos de xestión de Recursos Humanos "deben ter en conta as necesidades específicas das persoas con discapacidade, especialmente a adaptación do centro e do posto de traballo,".


Para o vicepresidente executivo de Fundación ONCE, a accesibilidade ás novas tecnoloxías "é determinante para evitar a exclusión". A este respecto, propuxo a empresas e administracións públicas suprimir barreiras de acceso á sociedade do coñecemento, garantir a interoperabilidade e adaptabilidade das tecnoloxías, promover as tecnoloxías inclusivas como factor de competitividade, garantir a accesibilidade na e-administración, apoiar a investigación no ámbito das tecnoloxías accesibles e implantar un currículo formativo en materia de accesibilidade, co fin de xerar un mercado de profesionais con competencias técnicas en deseño para todos.


Por último, Durán apuntou que o actual contexto de crise económica que vive o noso país "require reflexionar sobre a necesidade de actuar máis e mellor para paliar na medida do posible as súas consecuencias sociais, tendo en conta especialmente aos colectivos máis desfavorecidos". O camiño a seguir, concluíu, "pasa pola colaboración e a unión das voces dos consumidores, empresas, grupos de interese e responsables políticos".. 

Tema: Xeral
Fonte: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal