O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, inauguraban esta mañá a xornada de presentación do proxecto a dirección e coordinadores TIC dos centros implicados e asesores Abalar.
Cada ano invístense miles de millóns de dólares en vacinación infantil nos países emerxentes, con todo só se administran a metade das que se poderían porque os rexistros de vacinación non son fiables. Investigadores en biométrica da Universidade do Estado de Michigan (EEUU) desenvolveron un sistema de escaneo de pegadas dixitais para nenos menores de cinco anos que podería substituír aos ineficaces rexistros en papel.
Un grupo de científicos do Instituto Fraunhofer de Alemaña que leva moitos anos indagando no estudo e a medición das emocións usando as técnicas de recoñecemento facial presenta a aplicación SHORE (siglas de Sophisticated High-speed Object Recognition). Deseñouse co obxectivo de axudar a mellorar a comunicación das persoas con discapacidades pero a participación no programa Google Glass Explorer demostrou aos autores do proxecto que a idea se podía estender ao uso público así que decidiron integrar as capacidades do software ás Google Glass.