A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, avogou pola inclusión, o envellecemento activo e a solidariedade interxeneracional como obxectivos 'fundamentais' na área social, que permitirán consolidar a Galicia como unha sociedade 'máis madura, saudable e igualitaria'.
A aplicación de rescates Alpify, segue a subir chanzos en materia de integración, extensión e uso xeneralizado. De feito, os desenvolvedores da ferramenta veñen de anunciar que esta xa está conectada cos servizos de emerxencia 112 de toda España.
O Colexio de Fonseca de Santiago acolleu este martes a presentación da web rgcud.gal, a páxina específica da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento, RGCUD, unha iniciativa posta en marcha o ano pasado polas nosas tres universidades co obxectivo de tirar proveito de toda a súa bagaxe acumulada en materia de impulso socioeconómico (unha bagaxe por partida tripla) para fomentar conxuntamente o progreso en múltiples contornas xeográficas.