Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantalla de Alpify

A aplicación Alpify fixo posible o rescate de máis de 4.500 persoas en 2014

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 15/04/15 (10:10)

A aplicación de rescates Alpify, segue a subir chanzos en materia de integración, extensión e uso xeneralizado. De feito, os desenvolvedores da ferramenta veñen de anunciar que esta xa está conectada cos servizos de emerxencia 112 de toda España. Asemade, fan saber que de novo foi empregada recentemente para rescatar persoas en zonas de difícil acceso, máis polo miúdo en Andorra, onde os servizos de emerxencia trouxeron de volta un montañeiro que se atopaba a 2.700 metros de altitude e a nove graos baixo cero. O Principado foi, xunto con Euskadi, A Rioxa, Cantabria, Aragón e Estremadura, pioneiro no uso da aplicación.
Porén, hai cifras globais sobre o labor xerado polo servizo. Así, ao longo do pasado ano, engaden os desenvolvedores de Alpify, esta aplicación facilitou a través destes equipos de emerxencia o rescate de máis de 4.500 persoas, “50 das cales foron rescatadas dunha situación crítica”.

Como lembraremos, a ferramenta permítenos estar localizables sempre que queiramos, “algo especialmente indicado para menores e persoas maiores que queren un engadido de seguridade, ou para a práctica de deporte ao aire libre, como actividades de risco na montaña”.

Alpify funciona coma unha radiobaliza e permite ao usuario estar emprazado xeograficamente en todo intre polo 112 ou polo servizo de emerxencia que estea conectado á aplicación. “Cando o usuario necesita asistencia só ten que premer o botón de emerxencia da aplicación, que grazas á xeolocalización enviará aos servizos de atención da zona datos sobre quen é o usuario, onde está e que está a pasar”, comentan dende Barcelona os creadores da app.

Ademais, o servizo de emerxencia dispón dun buscador para coñecer o percorrido das últimas 24 horas dun usuario perdido, “e así pode gañar tempo e aforrar recursos nunha procura”, explican os desenvolvedores da ferramenta, que tamén engaden que. Alpify funciona con cobertura a Internet, pero se non se dispoñemos dela é quen de enviar un sinal por SMS.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal