Tras a incorporación do inglés, o español, o italiano e o mandarín, a aplicación Skype Translator incorpora agora ao francés e ao alemán como idiomas falados que pode traducir en tempo real, aos que se suman outros 50 idiomas nas conversas de texto, de xeito que esta ferramenta de comunicación continúa a avanzar rapidamente para superar barreiras idiomáticas.
As diversas posibilidades que ofrecen os videoxogos a prol da aprendizaxe, a comunicación ou a información centran a xornada ‘Xogar tamén é cousa seria. Experiencias na creación de videoxogos en Galicia’, que terá lugar o vindeiro 30 de xuño no auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura.
Logo dos éxitos da primeira edición e con vistas a seguir aproveitando o inxente potencial emprendedor dos nosos profesionais TIC, a operadora Telefónica e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) veñen de comunicar a posta en marcha da segunda andaina de Galicia Open Future, centro de emprendemento tecnolóxico-dixital emprazado na Cidade da Cultura en Santiago que na súa primeira entrega impulsou proxectos tan salientábeis como Monet Tecnología e Innovación, Situm Technologies e Appentra Solutions (as startup gañadoras do I Galicia Open Future).