A Deputación de Lugo está mergullada no impulso a AlimentaTIC, o obradoiro provincial incluído dentro da programación de actividades gratuítas para maiores do InLugo (Fundación TIC, Deputación) que fomenta a alimentación saudábel a través das novas tecnoloxías da información.
Fundación ONCE presenta o vindeiro xoves, 27 de outubro, ás 12.00 horas, na Praza de María Pita da Coruña, unha casa intelixente, sustentable e accesible, para demostrar á sociedade que a accesibilidade é positiva para todos e que, ademais, non está rifada co bo gusto.
WhatsCine, unha app que permite a persoas con discapacidades auditivas e visuais ir ao cinema e ver a televisión en igualdade de condicións que o resto de usuarios, gañou o concurso Apps para todos impulsado por Cocemfe Barcelona e o Observatorio da Discapacidade Física (ODF) no marco de Smart City Hack (SCH16) para promover a accesibilidade no sector móbil.