O Concello pontés trata de manter vivos os recordos, individuais e colectivos, coa creación dun arquivo dixital composto por imaxes cedidas polos veciños. O proxecto xa documentou e dixitalizou máis de medio milleiro de fotos, a gran maioría en branco e negro, de tempos nos que pensar en revelar en cor era unha utopía.
O proxecto está co-financiado pola Comisión Europea e incorpora a interacción por voz avanzada e a monitorización de constantes médicas, para fomentar a independencia e a integración social dos 'Senior' rioxanos.
Inserido na Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3), o programa empresta apoio a seis novas aceleradoras sectoriais de cara a promover o emprendemento innovador en Galicia, ben no eido privado, ben noutros eidos máis específicos (economía do coñecemento-novas tecnoloxías da información, saúde e biotecnoloxía, loxística, educación, audiovisual, lecer e turismo).