A Deputación de Lugo vén de abrir o prazo, dende xa e até o 3 de febreiro, para solicitar a nosa participación nos seus cursos LugoWork, iniciativa de accións formativas destinada lucenses de menos de 30 horas rexistrados no Sistema de Garantía Xuvenil. LugoWork, que ten abertas as canles de participación a través das webs da Deputación de Lugo e da Escola de Organización Industrial (EOI), arrinca con sete accións formativas de balde, dúas das canles teñen relación directa coas novas tecnoloxías da información (vendas en liña e xestión informática e de Internet).
A edición actual do obradoiro EmpregaTIC do Concello de Lugo, destinado a achegar formación tecnolóxico-dixital á mocidade local co fin de incrementar a súa empregabilidade, vaise pechar cun evento que inserirá a cidade galega nos escenarios de desenvolvemento das prestixiosas charlas TED.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de informarnos de que xa podemos consultar en profesionsdixitais.org a escolma dos Faladoiros Dixitais 2016.