O evento DICO Summit 2017, que se celebra o 24 e o 25 de xaneiro en Santiago co obxectivo de afianzarnos no rumbo de converternos nunha potencia de contidos dixitais, contará coa presenza dalgúns dos principais expertos internacionais en materia de realidades virtuais e creación de novos mundos pero tamén con boa parte do máis representativo dos panoramas estatal e galego.
En 2016 recibiron formación prelaboral en Novas Tecnoloxías 24 persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual da FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA (entre a II e III edición do Programa)