O recente estudo "A transformación dixital nas Ong. Conceptos, solucións e casos prácticos” publicado por ESADE- PwC de Liderado Social plásmanos cales son os obxectivos que perseguen coa súa estratexia dixital as Ong -quen curiosamente recoñecen que só un 8% delas ten unha estratexia de transformación dixital- e estas foron as súas respostas: o 81% quere chegar a maior público ou ampliar a súa base social, o 61% prefire mellorar a eficiencia da súa xestión interna e o 40% vai impulsar novos programas e servizos.