O dispositivo desenvolvido consiste nun interruptor baseado nun sistema inalámbrico para conexión/desconexión de elementos eléctricos que permite actuar de forma remota sobre os mesmos.
Esta mañá tiña lugar na Consellería de Traballo a presentación da terceira edición do concurso Lingua de namorar, un proxecto da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Estamos perante un certame de mensaxes de amor encamiñado á mocidade de entre 14 e 35 anos que busca dinamizar o uso do galego nas relacións persoais e na Internet.
Os días pasados celebrouse na Facultade de Informática da Coruña a Semana Anita Borg, aniversario da científica e investigadora americana que serviu, entre outras cousas, para promover o papel da muller no mundo das novas tecnoloxías.