O Grupo Femxa, a través da súa presidenta Patricia García, vén de emitir un comunicado no que se avalían os puntos fortes e as feblezas do noso sector das novas tecnoloxías, o tecido TIC galego, achegándose unha serie de claves para acadar un meirande crecemento os vindeiros anos, e tamén, unha serie de previsións.
A organización británica, Royal London Society for Blind People, desenvolveu a app Wayfindr para que as persoas cegas poidan moverse con máis facilidade polo sistema de metro da cidade de Londres, un dos máis complicados de Europa. A ferramenta está dirixida tanto a residentes como a turistas.