O vindeiro 26 de outubro celebrarase no Bergin After Work ás 19:30 horas a cuarta edición de Coruña Bloggers, encontro dirixido a profesionais e afeccionados ao mundo dos blogs que queiran compartir coñecementos e experiencias, e que está artellado como un par de relatorios seguidos dunha sesión de networking.
O Concello de Ponteareas anunciou a semana pasada a organización de dúas actividades formativas para nais e pais relacionadas directamente coas tecnoloxías da información. Trátase dun curso sobre retoque fotográfico e outro sobre aplicacións de balde.
Este luns comeza unha nova actividade da Deputación de Lugo enmarcada nos seus obxectivos de fomentar hábitos saudables entre os maiores da provincia a través do uso das novas tecnoloxías da información.