Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Emprego TIC

A dixitalización creará 1,25 millóns de empregos en España

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 01/12/16 (09:11)
Randstad Research prevé que a dixitalización xere 1.250.000 empregos netos no próximos cinco anos no noso país. Desta cifra, 390.000 empregos son os denominados STEM puros (científicos, tecnolóxicos, matemáticos e enxeñerías); 689.000 corresponden a empregos inducidos, que darán soporte aos STEM; e 168.000 serán empregos indirectos. Randstad Research é o centro de estudos e análises do grupo Randstad en España, que dá traballo a 37.000 persoas cada día.
 
O 38% dos traballadores que se buscarán no futuro son «knowledge workers», é dicir, profesionais de alta cualificación con capacidades dificilmente duplicables. Séguelle, cun 35%, a demanda dos clasificados como «líderes», de perfís con múltiples
habilidades que guíen ás empresas en materia de innovación e desenvolvemento. Os traballadores técnicos, pola súa banda, ocuparán o 18% dos postos dispoñibles. Ademais, o 5% das ofertas irán destinadas a operarios que desempeñen actividades pouco cualificadas, segundo explicou o director de relacións institucionais da compañía, Luís Pérez.
 
Con todo, a cifra de 1,25 millóns de empregos netos «non é insensible» a posibles novas regulacións do mercado laboral, da fiscalidade e da educación, matizou o director de Randstad Research, Valentín Bote. «Ademais, o fenómeno é imparable. Eses empregos crearanse, sexa en España ou noutros países», engadiu.
Tema: Xeral
Fonte: Abc
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal