Fomentar a creatividade, o traballo en equipo e achegar o mundo da enxeñaría e a tecnoloxía aos estudantes de último ano dos Institutos de Ensino Secundario galegos a través da construción e programación dun robot é a finalidade coa que xorde a primeira edición do concurso de robots do Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña
A nosa terra vai acoller a cuarta ediciónd e #InLugod, a que sen dúbida é unha das xuntanzas máis referenciais de todo o ámbito estatal en materia de información dixital, novas formas de comunicación (blogs, comunidades, aplicacións) e recursos tecnolóxicos para mellorar o noso xeito de falar cos demais, a nosa calidade de vida e, tamén, o noso currículo.