Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Envellecemento Activo

Amplíase o prazo de inscrición ao curso de "Preparación para a Xubilación"


  • O curso é de balde e vai destinado a persoas maiores de 55 anos.

  • Impartirase en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

 

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 13/05/13 (09:08)

O curso "Preparación para a Xubilación" organizado pola Xunta de Galilcia en colaboración co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia ven de ampliar o seu prazo de inscrición ata o vindeiro 17 de maio.


O curso, que é de balde, vai destinado a persoas maiores de 55 anos e ten por obxecto facilitar o tránsito da "vida laboral activa" á "xubilación activa". A súa duración será de 80 horas (18 h presenciais + 62 h a distancia) e se impartirá nas seguintes cidades: Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.


Os contidos a tratar no curso serán:


   - Novas Tecnoloxías
   - Saúde Física
   - Saúde Mental
   - Tempo Libre e Participación Social
   - Aspectos Xurídicos e Económicos


Para inscribirse ou máis información picar aquí.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal