
O curso "Preparación para a Xubilación" organizado pola Xunta de Galilcia en colaboración co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia ven de ampliar o seu prazo de inscrición ata o vindeiro 17 de maio.
O curso, que é de balde, vai destinado a persoas maiores de 55 anos e ten por obxecto facilitar o tránsito da "vida laboral activa" á "xubilación activa". A súa duración será de 80 horas (18 h presenciais + 62 h a distancia) e se impartirá nas seguintes cidades: Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Os contidos a tratar no curso serán:
- Novas Tecnoloxías
- Saúde Física
- Saúde Mental
- Tempo Libre e Participación Social
- Aspectos Xurídicos e Económicos
Para inscribirse ou máis información picar aquí [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_Envellecemento_activo.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://envellecementomaisactivo.eu/curso-de-preparaci%C3%B3n-para-xubilaci%C3%B3n