Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Mans de persoa maior usando unha tableta.

Oleiros organiza cursos de tabletas e móbiles para persoas maiores

Versión para impresiónSend by email
Oleiros, 28/11/18 (09:53)

O Concello de Oleiros vai introducir á veciñanza no emprego de novos dispositivos tecnolóxicos, poñendo o foco na poboación maior do termo municipal e nas importantes posibilidades de desenvolvemento persoal e envellecemento saudable que as novas tecnoloxías poñen en xogo. Estamos a falar dos cursos de Manexo de tabletas e móbiles para as persoas maiores de 60 anos empadroadas no concello de Oleiros, que este venres abren o seu prazo de inscrición.

Estas actividades formativas insírense ao abeiro da programación de alfabetización dixital que organiza o Concello e que teñen como obxectivo achegar as novas tecnoloxías ás persoas maiores. Serán, máis en detalle, dous obradoiros cunha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha, de luns a xoves pola tarde na aula de informática do Centro Municipal de Formación, nos Regos. As inscricións poderán realizarse a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites online, a partir das 10:00 horas do venres 30 de novembro e até as 14:00 horas do luns 3 de decembro. Tamén é posible nas oficinas de Servizos Sociais do Concello de Oleiros.

No momento da inscrición os interesados poderán escoller a opción de horario, ben de 16:00 a 18:00 horas ou de 18:00 a 20:00 horas. O prezo público para esta actividade é de 14,22 euros.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal