
O Concello de Oleiros vai introducir á veciñanza no emprego de novos dispositivos tecnolóxicos, poñendo o foco na poboación maior do termo municipal e nas importantes posibilidades de desenvolvemento persoal e envellecemento saudable que as novas tecnoloxías poñen en xogo. Estamos a falar dos cursos de Manexo de tabletas e móbiles para as persoas maiores de 60 anos empadroadas no concello de Oleiros [3], que este venres abren o seu prazo de inscrición.
Estas actividades formativas insírense ao abeiro da programación de alfabetización dixital que organiza o Concello e que teñen como obxectivo achegar as novas tecnoloxías ás persoas maiores. Serán, máis en detalle, dous obradoiros cunha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha, de luns a xoves pola tarde na aula de informática do Centro Municipal de Formación, nos Regos. As inscricións poderán realizarse a través da web municipal www.oleiros.org [4], na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites online, a partir das 10:00 horas do venres 30 de novembro e até as 14:00 horas do luns 3 de decembro. Tamén é posible nas oficinas de Servizos Sociais do Concello de Oleiros.
No momento da inscrición os interesados poderán escoller a opción de horario, ben de 16:00 a 18:00 horas ou de 18:00 a 20:00 horas. O prezo público para esta actividade é de 14,22 euros.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9543.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion-non-prioritarias?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_Ke28&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=novasNonPrioritarias&p_p_col_count=1&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_Ke28_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_Ke28_assetId=5359057&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_Ke28_urlTitle=o-venres-abre-o-prazo-de-inscricion-para-un-curso-de-tablets-e-mobiles-para-persoas-maiores&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_Ke28_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2F
[4] http://www.oleiros.org/