Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazo da aplicación.

"TEAyudo a jugar"

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 15/11/18 (10:51)

"TEAyudo a jugar" é unha ferramenta de aprendizaxe, intervención e inclusión social para persoas con trastorno do espectro do autismo ou outras diversidades do neurodesenvolvemento. A app, dispoñible para móbiles e tabletas de ata 10 polgadas, propón momentos de xogo de maneira visual.

Descarga para Android
Descarga para iOS

"TEAyudo a jugar" é unha ferramenta que busca favorecer a inclusión educativa e social mediante unha actividade fundamental no desenvolvemento infantil e a socialización: o xogo.

O dispositivo móbil utilízase como soporte visual motivador durante o xogo, tras establecer cos nenos/as algunhas premisas como: onde se vai a xogar?, a que se vai a xogar?, con quen se vai a xogar?, como se vai a xogar? e canto tempo imos xogar?

Consta de dúas partes complementarias e imprescindibles acompañadas dunha guía educativa e de uso:

1. Área de axustes ou configuración:

  • Quen vai participar no xogo?
  • En que lugar se vai a xogar?
  • A que se vai a xogar?
  • Como se xoga?
  • Temporizador
  • Quendas

Dispón de varios xogos presentados en diferentes formatos (fotografías, pictogramas e vídeos) a modo de exemplo.

2. Área de anticipación e presentación do xogo:

  • Quen xoga e con quen xoga?
  • Onde xogamos?
  • Imos xogar a...
  • Quendas e temporizador de xogo.

"TEAyudo a jugar" foi creada en colaboración da Universidade de Murcia e A Fundación Orange dentro da convocatoria Soluciones tecnolóxicas aplicadas ao autismo 2016. O seu desenvolvemento vén a completar o sistema de traballo en torno ao programa de Inclusión Social Patios e Parques Dinámicos ®, creado por Gey Lagar, implementado en múltiples centros educativos e no contexto familiar.

Os símbolos pictográficos utilizados son propiedade do Gobierno de Aragón e foron creados por Sergio Palao para ARASAAC que os distribúe baixo Licenza Creative Commons (BY-NC-SA).

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Orange
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal