
"TEAyudo a jugar" é unha ferramenta de aprendizaxe, intervención e inclusión social para persoas con trastorno do espectro do autismo ou outras diversidades do neurodesenvolvemento. A app, dispoñible para móbiles e tabletas de ata 10 polgadas, propón momentos de xogo de maneira visual.
Descarga para Android [3]
Descarga para iOS [4]
"TEAyudo a jugar" é unha ferramenta que busca favorecer a inclusión educativa e social mediante unha actividade fundamental no desenvolvemento infantil e a socialización: o xogo.
O dispositivo móbil utilízase como soporte visual motivador durante o xogo, tras establecer cos nenos/as algunhas premisas como: onde se vai a xogar?, a que se vai a xogar?, con quen se vai a xogar?, como se vai a xogar? e canto tempo imos xogar?
Consta de dúas partes complementarias e imprescindibles acompañadas dunha guía educativa e de uso:
1. Área de axustes ou configuración:
Dispón de varios xogos presentados en diferentes formatos (fotografías, pictogramas e vídeos) a modo de exemplo.
2. Área de anticipación e presentación do xogo:
"TEAyudo a jugar" foi creada en colaboración da Universidade de Murcia e A Fundación Orange dentro da convocatoria Soluciones tecnolóxicas aplicadas ao autismo 2016 [5]. O seu desenvolvemento vén a completar o sistema de traballo en torno ao programa de Inclusión Social Patios e Parques Dinámicos ®, creado por Gey Lagar, implementado en múltiples centros educativos e no contexto familiar.
Os símbolos pictográficos utilizados son propiedade do Gobierno de Aragón e foron creados por Sergio Palao para ARASAAC [6] que os distribúe baixo Licenza Creative Commons (BY-NC-SA).
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9486.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://play.google.com/store/apps/details?id=com.orange.teayudoajugar.es
[4] https://itunes.apple.com/es/app/id1440056141
[5] http://www.fundacionorange.es/junto-al-autismo/convocatorias-de-proyectos/convocatoria-soluciones-digitales/
[6] http://arasaac.org/