Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Convocatoria de crowdfunding para proxectos de innovación no ámbito da saude


  • Ponse en marcha CROWSUNA, unha convocatoria de crowdfunding dirixida a proxectos orientados a mellorar a calidade de vida.

  • Os 5 proxectos seleccionados recibirán unha asesoría especializada, apoio na comunicación e na conexión con posibles axentes implicados e colaboradores 

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 29/04/13 (11:06)

Co obxectivo de detectar e apoiar iniciativas innovadoras no ámbito da saúde en Euskadi, Innobasque a traves de GoteoEuskadi puxo en marcha CROWDSASUNA, unha convocatoria de crowdfunding dirixida a proxectos que estean orientados á resolución de problemas ou necesidades e teñan unha vocación de facelo de xeito aberto, replicable e escalable.


Dende aquí buscan iniciativas relacionadas con comportamentos e hábitos saudables para un benestar físico, mental e social, co autocoidado e a autonomía persoal, a prevención, a atención sanitaria, o envellecemento activo, a cronicidade, as minusvalideces físicas, sensoriais ou intelectuais. Pode ser unha idea de produto, un servizo, unha nova tecnoloxía, un elemento de difusión e concienciación... O importante é que contribúa a mellorar a calidade de vida e o nivel de saúde na sociedade en xeral ou dun sector da poboación determinado.


En Xuño abrirase unha convocatoria de proxectos da que sairán seleccionadas 5 iniciativas que formarán parte da campaña de crowdfunding CROWDSASUNA que comezará en Outubro. Estes 5 proxectos recibirán unha asesoría especializada, apoio na comunicación e na conexión con posibles axentes implicados e colaboradores. Ademais, as iniciativas seleccionadas poderán optar a unha bolsa de investimento social denominado Capital Rego coa que complementar o financiamento achegado dende a cidadanía. 

Tema: Xeral
Fonte: Innovasque
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal