
Co obxectivo de detectar e apoiar iniciativas innovadoras no ámbito da saúde en Euskadi, Innobasque a traves de GoteoEuskadi [2] puxo en marcha CROWDSASUNA [3], unha convocatoria de crowdfunding dirixida a proxectos que estean orientados á resolución de problemas ou necesidades e teñan unha vocación de facelo de xeito aberto, replicable e escalable.
Dende aquí buscan iniciativas relacionadas con comportamentos e hábitos saudables para un benestar físico, mental e social, co autocoidado e a autonomía persoal, a prevención, a atención sanitaria, o envellecemento activo, a cronicidade, as minusvalideces físicas, sensoriais ou intelectuais. Pode ser unha idea de produto, un servizo, unha nova tecnoloxía, un elemento de difusión e concienciación... O importante é que contribúa a mellorar a calidade de vida e o nivel de saúde na sociedade en xeral ou dun sector da poboación determinado.
En Xuño abrirase unha convocatoria de proxectos da que sairán seleccionadas 5 iniciativas que formarán parte da campaña de crowdfunding CROWDSASUNA que comezará en Outubro. Estes 5 proxectos recibirán unha asesoría especializada, apoio na comunicación e na conexión con posibles axentes implicados e colaboradores. Ademais, as iniciativas seleccionadas poderán optar a unha bolsa de investimento social denominado Capital Rego coa que complementar o financiamento achegado dende a cidadanía.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[2] http://euskadi.goteo.org/
[3] http://crowdsasuna.eventbrite.es/#