Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Kibao

A asociación Kibao lanza unha campaña de Crowfunding en Goteo.org.

 



  • Kibao busca financiamento para o seu sistema integral para persoas con discapacidade.

  • O Crowfunding consiste en recadar fondos a través de donacións a pequena escala a cambio de diferentes incentivos en función do diñeiro achegado ao proxecto.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 29/04/13 (10:34)

Kibao busca financiamento a través da plataforma de Crowfunding Goteo.org co obxectivo de crear unha ferramenta integral, o mais adaptable posible ás necesidades de cada persoa con minusvalidez para mellorar a calidade de vida destas, co menor custo posible para @s usuari@s e as familias dest@s.


A través da plataforma de Crowfunding Goteo.org busca os fondos precisos para desenvolver a primeira fase do proxecto, que englobaría as dúas primeiras aplicacións, Hotuba e Dawati, a comunidade on-line e o seu servizo de backup, así como o de formación para profesionais. 


Kibao
Kibao é unha asociación que pretende integrar as TICs dentro do eido da discapacidade a través dun sistema integral para persoas con discapacidade coa sú propia comunidade online.


O seu obxectivo é realizar aplicaciónss de balde e libres, baseadas na plataforma Android, que se irán mellorando grazas ás propostas que vaian realizando os membros da comunidade, procurando deste xeito crear un software eficaz e que se adapte ás necesidades de cada usuari@.


Software Kibao
A primeira aplicación xa en desenvolvemento, chámase "Hotuba", un sistema aumentativo/substitutivo da comunicación, o cal presenta unha serie de pictogramas que ao ser pulsados reproducen unha locución. Tanto as locucións coma os pictogramas son doadamente editables e configurables polos pais e nais ou educador@s. Os pictogramas poderán ser ordenados mediante categorías e editables segundo as necesidades específicas de cada persoa.


A aplicación, vén por defecto cuns 8.000 pictogramas e as locucións asociadas foron extraidas do Portal Aragonés da Comunicación Aumentativa e Alternativa ARASAAC, o cal os cedeu en 6 idiomas.


A segunda aplicación, chamada "Dawati", consiste nunha simplificación da aparencia do comprimido, permitindo simplificar á mínima esencia a cantidade de botóns reloxos e iconas que mostra o dispositivo, creando desta forma unha interface libre de distraccións e adaptada ás necesidades concretas de cada usuari@.


Goteo.org
Goteo é unha rede social de financiamento colectivo (achegas monetarias) e colaboración distribuída (servizos, infraestruturas, microtarefas e outros recursos) dende a que impulsar o desenvolvemento autónomo de iniciativas, creativas e innovadoras, que contribúan ao desenvolvemento do procomún, o coñecemento libre e/ou o código aberto.


Unha plataforma para o investimento de "capital rego", en proxectos cuxos fins sexan de carácter social, cultural, científico, educativo, tecnolóxico ou ecolóxico, que xeren novas oportunidades para a mellora constante da sociedade e o enriquecemento dos bens e recursos comúns. 

Tema: Xeral
Fonte: VolDIX
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal