
Kibao [3] busca financiamento a través da plataforma de Crowfunding Goteo.org [4]co obxectivo de crear unha ferramenta integral, o mais adaptable posible ás necesidades de cada persoa con minusvalidez para mellorar a calidade de vida destas, co menor custo posible para @s usuari@s e as familias dest@s [5].
A través da plataforma de Crowfunding Goteo.org busca os fondos precisos para desenvolver a primeira fase do proxecto, que englobaría as dúas primeiras aplicacións, Hotuba e Dawati, a comunidade on-line e o seu servizo de backup, así como o de formación para profesionais.
Kibao
Kibao é unha asociación que pretende integrar as TICs dentro do eido da discapacidade a través dun sistema integral para persoas con discapacidade coa sú propia comunidade online.
O seu obxectivo é realizar aplicaciónss de balde e libres, baseadas na plataforma Android, que se irán mellorando grazas ás propostas que vaian realizando os membros da comunidade, procurando deste xeito crear un software eficaz e que se adapte ás necesidades de cada usuari@.
Software Kibao
A primeira aplicación xa en desenvolvemento, chámase "Hotuba", un sistema aumentativo/substitutivo da comunicación, o cal presenta unha serie de pictogramas que ao ser pulsados reproducen unha locución. Tanto as locucións coma os pictogramas son doadamente editables e configurables polos pais e nais ou educador@s. Os pictogramas poderán ser ordenados mediante categorías e editables segundo as necesidades específicas de cada persoa.
A aplicación, vén por defecto cuns 8.000 pictogramas e as locucións asociadas foron extraidas do Portal Aragonés da Comunicación Aumentativa e Alternativa ARASAAC, o cal os cedeu en 6 idiomas.
A segunda aplicación, chamada "Dawati", consiste nunha simplificación da aparencia do comprimido, permitindo simplificar á mínima esencia a cantidade de botóns reloxos e iconas que mostra o dispositivo, creando desta forma unha interface libre de distraccións e adaptada ás necesidades concretas de cada usuari@.
Goteo.org
Goteo é unha rede social de financiamento colectivo (achegas monetarias) e colaboración distribuída (servizos, infraestruturas, microtarefas e outros recursos) dende a que impulsar o desenvolvemento autónomo de iniciativas, creativas e innovadoras, que contribúan ao desenvolvemento do procomún, o coñecemento libre e/ou o código aberto.
Unha plataforma para o investimento de "capital rego", en proxectos cuxos fins sexan de carácter social, cultural, científico, educativo, tecnolóxico ou ecolóxico, que xeren novas oportunidades para a mellora constante da sociedade e o enriquecemento dos bens e recursos comúns.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130429_Kibao.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.kibao.eu/
[4] http://euskadi.goteo.org/project/kibao
[5] mailto:dest@s