Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Usuario de SVisual.

A Fundación CNSE reforza o seu servizo de videointerpretación para persoas xordas, SVIsual, con máis profesionais da interpretación

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 25/10/18 (11:21)
  • A Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación ampliou o número de profesionais que atenden SVIsual, o primeiro servizo de videointerpretación do país que permite o contacto telefónico entre persoas xordas e oíntes, e que funciona a través de tablet, móbil e computador.

 

Unha medida que foi posible grazas ao financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social e que favorecerá que o número de chamadas atendidas se incremente en aproximadamente un 15% e que se diminúan os tempos de espera. "Trátase dun servizo totalmente gratuíto que está dispoñible as 24 horas o día os 365 días do ano" sinalou Jorge Sánchez, coordinador de SVIsual, quen afirmou que "a cifra de chamadas que recibe o servizo é elevada e aumenta cada ano, polo que era imposible cubrila co número de videointérpretes co que ata o momento contabamos no equipo".

SVIsual é a primeira plataforma de videointerpretación do país, posta en marcha en 2009 pola Fundación CNSE para garantir unha comunicación sen barreiras e unha maior autonomía das persoas xordas nas súas xestións diarias. "Permite a comunicación a distancia e en tempo real entre persoas xordas e persoas oíntes a través de videoconferencia, xa que conta con profesionais da interpretación da lingua de signos que aseguran a interlocución entre ambos os dous", explicou o coordinador de SVIsual, que engadiu que o servizo incorpora tamén "un chat para a comunicación por escrito".

 

Presente en todos os ámbitos

Ademais de para un uso persoal, SVIsual está presente en teléfonos como o 016 de información e asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero, o de emerxencias 112 de Estremadura, e o 010 do Concello de Zaragoza, así como en servizos de atención telefónica e presencial de distintas entidades públicas e privadas. É o caso de comisarías da Policía Nacional de toda España, estacións de Renfe e de Adif, hospitais como o de Tudela (Navarra), La Ribera (Valencia) , Niño Jesús (Madrid), ou Fundación Jiménez Díaz (Madrid), por exemplo, e un crecente número de concellos, deputacións e administracións públicas de comunidades autónomas como Estremadura, Illas Canarias, Comunidade Valenciana, Galicia ou Cantabria. A elas súmanse empresas privadas do sector enerxético, aseguradoras ou hipermercados, entre outros.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal