Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Proxecto e-VOC

O proxecto e-VOC capacítate para avaliar competencias

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 23/10/18 (10:42)

Móveste no ámbito do social?  Interesaríache aprender a recoñecer o traballo que realizan as persoas voluntarias da túa entidade? Se a túa resposta é si, xa podes inscribirte no curso de formación  online de e- VOC, que serve para avaliar competencias no voluntariado.

O e- VOC é o primeiro curso europeo de formación  online, aberto, gratuíto e multilingüe que te capacita como  avaliador de voluntariado,  ten unha duración de 120 horas e está dividido nas seguintes unidades:

  • UNIDADE 1: Introdución á validación de competencias no sector do voluntariado (15 horas)
  • UNIDADE 2: O Marco Europeo de  Cualificaciones,  ECVET,  ECTS, e as principais ferramentas de validación europeas (45 horas)
  • UNIDADE 3: Desenvolvemento e implementación de sistemas para a validación dos resultados de aprendizaxe adquiridos na actividade voluntaria (45 horas)
  • UNIDADE 4: Seguimento, avaliación e mellora dos sistemas implementados para a validación dos resultados de aprendizaxe adquiridos na actividade voluntaria (15 horas).


As unidades poden realizarse de forma independente ou ben pode facerse o curso completo; no segundo caso obtense un Certificado de Participación ao finalizalo. Para acceder ao curso podes entrar en www.e-voc.eu. Rechea e envía o formulario de inscrición. De forma inmediata recibirás un  mail, coa ligazón ao curso de formación.

 

Tema: Xeral
Fonte: Plataforma del Voluntariado de España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal