Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Exemplos de campañas solidarias en redes sociais


  • As redes sociais poden ser unha ferramenta de mercadotecnia máis que eficaz se se xestionan correctamente.

  • Catro exemplos de campañas solidarias que utilizan as redes sociais como eixe central para a difusión da causa social.

Versión para impresiónSend by email
24/04/13 (09:13)

As redes sociais poden ser unha ferramenta de mercadotecnia máis que eficaz se se xestionan correctamente. E como non hai mellor argumento que un bo exemplo, a continuación presentamos unha recompilación de campañas de social media realizadas por ONGs que logrou grande éxito e repercusión. 


Son moitas as formas nas que as redes sociais poden resultar útiles para a túa causa, dende dar a coñecer o proxecto, concienciar á sociedade, multiplicar o alcance dunha determinada campaña, establecer relación con afectados, captar fondos ou voluntarios, etc. 


A cadeira vermella


A cadeira vermella é un proxecto da organización entreculturas, cuxo obxectivo é mobilizar á sociedade polo dereito á educación. Actualmente hai 61 millóns de nenos no mundo que non teñen acceso á educación, por iso está ONG lanzou esta campaña que combina accións online e offline co fin de obter o maior alcance e captar fondos para a súa causa. 


A estratexia dixital xira entorno á súa web (eixe central da campaña) e os seus perfís en redes sociais: Twitter, YouTube e Flickr (principais canles de difusión). Co seu slogan "non" sobran nenos, faltan cadeiras" buscan, por un lado, concienciar á cidadanía (asinatura online da petición para que o goberno dea prioridade á partida de educación en cooperación e descarga de materiais didácticos para trasladar a importancia da educación aos máis pequenos), e por outro lado, lograr donativos (que se poden facer vía web ou a través DUN SMS). 


Spot inicial da campaña


Mesa para 7000 millóns


Trátase dunha campaña de Intermón Oxfam para reivindicar o dereito á alimentación. Actualmente case 900 millóns de persoas no mundo pasan fame, con esta iniciativa pretenden captar fondos para paliar este problema.


Baixo o lema 'Séntate á mesa' animan aos usuarios a realizar doazóns online ou a través dunha mensaxe de texto para contribuír a que os máis desfavorecidos tamén poidan sentarse á mesa. Hoxe por hoxe xa se sentaron á mesa máis de 71.000 persoas.


Para dar difusión a esta iniciativa en Intermón utilizaron os seus perfís corporativos en Facebook, Twitter e YouTube e animaron aos usuarios a compartir fotos dos seus pratos baixo o hashtag #ComparteMesa. Ademais, durante o pasado nadal LetsBonus colaborou co proxecto doando 1 € á causa por cada foto de comida subida e etiquetada con #LetsBonus e #ComparteMesa. Unha forma moi solidaria de utilizar as redes sociais.  


Vídeo promocional da campaña


FoodShareFilter


En Mans Unidas escolleron as redes sociais como ferramenta para a loita contra a fame. Recentemente lanzaron FoodShareFilter, o primeiro filtro fotográfico para Instagram con fins solidarios.


O filtro xa pode descargarse dende a AppStore e dende GooglePlay por un custo de 0,89 €, e o diñeiro recadado será destinado a proxectos de desenvolvemento e axuda contra a fame de Mans Unidas.


"Se vas compartir a túa comida, compártea de verdade" é o eixe de comunicación co que esta ONG pretende concienciar e implicar ao público máis novo nesta causa social. Por un lado colabórase coa causa a través das doazóns pola descarga do filtro, e por outro contribúese á difusión do proxecto ao compartir as fotos de comida co filtro e baixo o hashtag #FoodShareFilter a través da popular rede social de fotografías. 


Vídeo explicativo desta acción de Mans Unidas


Bankilo


Bankilo é unha campaña levada a cabo por un grupo de estudantes da Universidade Complutense de Madrid a finais do pasado ano. Una iniciativa solidaria cuxo obxectivo era recoller unha tonelada de alimentos que posteriormente serían doados á ONG Cáritas.


Para dar a coñecer o proxecto e alcanzar a súa meta empregaron as redes sociais como canle de comunicación. Baixo o lema #foodbanking lanzaron a súa campaña en distintas plataformas sociais (Facebook, Twitter e YouTube) e crearon un blog onde compartir contidos relacionados coa súa boa causa. Durante catro días recolleron alimentos en seis puntos de Madrid, logrando reunir máis de 3 toneladas de comida, e superando de sobra o obxectivo fixado. 


Vídeos promocionais compartidos nos seus perfís

Tema: Xeral
Fonte: Sector3.0
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal