A Fundación Orange foi premiada co Premio GrausTIC 2018 á integración social a través das TIC polo seu labor no campo da tecnoloxía e o autismo. Unha aposta firme pola tecnoloxía como ferramenta e oportunidade para mellorar a vida das persoas.
Por elo levamos xa máis dunha década liderando unha aposta para facilitar a comunicación e o desenvolvemento das persoas con TEA a través do uso da tecnoloxía, desenvolvendo, así mesmo, labor de difusión, a través de obras audiovisuais, para sensibilizar á sociedade sobre este trastorno, cuxa prevalencia se cifra nunha de cada 100 persoas, e a cuxa contorna se suman as familias e profesionais do sector educativo, pedagóxico ou sanitario.
A última iniciativa neste ámbito foi a campaña #JuntoalAutismo, lanzada na primavera de 2018, en colaboración coa Confederación Autismo España e a Fundación Atresmedia, e na cal, a través dunha serie de curtametraxes expóñense sucesos cotiáns que levan a reflexionar sobre como é o día a día dunha persoa con TEA.
En todos estes anos na Fundación Orange fomos impulsando diferentes aplicacións e programas para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA. Estes proxectos, todos eles gratuítos para o usuario final, realízanse en colaboración con universidades, expertos, empresas, asociacións de usuarios e inclúen sempre aos usuarios finais no proceso de desenvolvemento desas ferramentas. Máis información sobre as nosas ferramentas tecnolóxicas.
Rexístrate como: