
A Fundación Orange foi premiada co Premio GrausTIC [3] 2018 á integración social a través das TIC polo seu labor no campo da tecnoloxía e o autismo. Unha aposta firme pola tecnoloxía como ferramenta e oportunidade para mellorar a vida das persoas.
Por elo levamos xa máis dunha década liderando unha aposta para facilitar a comunicación e o desenvolvemento das persoas con TEA a través do uso da tecnoloxía, desenvolvendo, así mesmo, labor de difusión, a través de obras audiovisuais, para sensibilizar á sociedade sobre este trastorno, cuxa prevalencia se cifra nunha de cada 100 persoas, e a cuxa contorna se suman as familias e profesionais do sector educativo, pedagóxico ou sanitario.
A última iniciativa neste ámbito foi a campaña #JuntoalAutismo [4], lanzada na primavera de 2018, en colaboración coa Confederación Autismo España [5] e a Fundación Atresmedia [6], e na cal, a través dunha serie de curtametraxes expóñense sucesos cotiáns que levan a reflexionar sobre como é o día a día dunha persoa con TEA.
En todos estes anos na Fundación Orange fomos impulsando diferentes aplicacións e programas para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA. Estes proxectos, todos eles gratuítos para o usuario final, realízanse en colaboración con universidades, expertos, empresas, asociacións de usuarios e inclúen sempre aos usuarios finais no proceso de desenvolvemento desas ferramentas. Máis información sobre as nosas ferramentas tecnolóxicas [7].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9306.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.graustic.cat/
[4] http://www.fundacionorange.es/junto-al-autismo/campana-juntoalautismo/
[5] http://autismo.org.es/
[6] https://fundacion.atresmedia.com/
[7] http://www.fundacionorange.es/junto-al-autismo/soluciones-tecnologicas/