Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
O edificio Cersia será a sede das actividades.

O Concello de Santiago mellorará a empregabilidade de 85 mozas e mozos no sector TIC

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 19/09/18 (10:39)

Concello de Santiago mellorará a empregabilidade de 85 mozas e mozos no sector das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación. A iniciativa, que se vai materializar a través do programa Impulsa e da Axencia Local de Colocación (que levará a cabo as inscricións e o proceso de selección), está destinada a persoas de entre 16 e 30 anos que se atopen en situación de desemprego e que non participen en ningunha acción formativa ou educativa.

O programa conta con cinco itinerarios formativos: Confección e publicación de páxinas webDesenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía webXestión de marketing e comunicaciónManexo de drons especializados no uso para o sector audiovisual e Community Manager

Para participar nestas liñas de formación e adestramento é preciso ser graduado ou graduada en Bacharelato ou equivalente, salvo no caso do itinerario de Confección e publicación de páxinas web, para o que se solicita o título de ESO ou equivalente.
As persoas interesadas deberán inscribirse na web da Axencia Local de Colocación, que ten a súa sede no edificio Cersia, en San Lázaro. O prazo para facelo ficará aberto até o 20 de setembro.

O programa Impulsa conta cunha subvención da Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Autónomas e Entes Locais, do Ministerio de Presidencia, por importe de 526.564,16 euros. A achega de fondos propios do Concello será de 46.473,34 euros.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal