
O Concello de Santiago mellorará a empregabilidade de 85 mozas e mozos no sector das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación [3]. A iniciativa, que se vai materializar a través do programa Impulsa e da Axencia Local de Colocación (que levará a cabo as inscricións e o proceso de selección), está destinada a persoas de entre 16 e 30 anos que se atopen en situación de desemprego e que non participen en ningunha acción formativa ou educativa.
O programa conta con cinco itinerarios formativos: Confección e publicación de páxinas web, Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web, Xestión de marketing e comunicación, Manexo de drons especializados no uso para o sector audiovisual e Community Manager.
Para participar nestas liñas de formación e adestramento é preciso ser graduado ou graduada en Bacharelato ou equivalente, salvo no caso do itinerario de Confección e publicación de páxinas web, para o que se solicita o título de ESO ou equivalente.
As persoas interesadas deberán inscribirse na web da Axencia Local de Colocación [4], que ten a súa sede no edificio Cersia, en San Lázaro. O prazo para facelo ficará aberto até o 20 de setembro.
O programa Impulsa conta cunha subvención da Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Autónomas e Entes Locais, do Ministerio de Presidencia, por importe de 526.564,16 euros. A achega de fondos propios do Concello será de 46.473,34 euros.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9157.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=17748&lg=gal
[4] http://axencialocaldecolocacion.org/