A Universidade Popular de Ourense, impulsada polo Concello, vai fornecer á cidadanía de 78 iniciativas formativas ao longo do seguinte curso. Entre os puntos fortes da nova oferta educativa para o ano vindeiro, salienta sen dúbida o amplo abano temático da mesma. Haberá obradoiros de adestramento persoal, debuxo, creación de bixutería, fotografía, xestión económica para PEME (a cargo do Grupo Formativo Auria e Seoane), prevención de violencia de xénero (a cargo de COGAMI) ou, tamén, tecnoloxías para os maiores.
Polo que respecta a estas últimas, as ferramentas dixitais, achegaranse actividades para familiarizar aos maiores coas mesmas e conseguir que poidan tirarlles proveito no seu día a día, favorecendo tamén o envellecemento activo. Estas accións virán da man do grupo Pacios Ramón Informática e Información. Os obradoiros, dous deles online e os demais presenciais, serán de Word e Excel nivel profesional, factura electrónica e certificados dixitais e o novo regulamento de protección de datos (recursos, obrigas e dereitos que deben ter en conta as empresas, os autónomos e tamén os cidadáns en xeral). Amais do devandito, Alba Adá Lameiras tamén impartirá un obradoiro sobre xestión de perfís persoais nas redes sociais.
Rexístrate como: