
A Universidade Popular de Ourense [3], impulsada polo Concello, vai fornecer á cidadanía de 78 iniciativas formativas ao longo do seguinte curso. Entre os puntos fortes da nova oferta educativa para o ano vindeiro, salienta sen dúbida o amplo abano temático da mesma [4]. Haberá obradoiros de adestramento persoal, debuxo, creación de bixutería, fotografía, xestión económica para PEME (a cargo do Grupo Formativo Auria e Seoane), prevención de violencia de xénero (a cargo de COGAMI) ou, tamén, tecnoloxías para os maiores.
Polo que respecta a estas últimas, as ferramentas dixitais, achegaranse actividades para familiarizar aos maiores coas mesmas e conseguir que poidan tirarlles proveito no seu día a día, favorecendo tamén o envellecemento activo. Estas accións virán da man do grupo Pacios Ramón Informática e Información. Os obradoiros, dous deles online e os demais presenciais, serán de Word e Excel nivel profesional, factura electrónica e certificados dixitais e o novo regulamento de protección de datos (recursos, obrigas e dereitos que deben ter en conta as empresas, os autónomos e tamén os cidadáns en xeral). Amais do devandito, Alba Adá Lameiras tamén impartirá un obradoiro sobre xestión de perfís persoais nas redes sociais.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_9054.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.educacionourense.com/Educacion/actividades/158/UNIVERSIDADE_POPULAR
[4] https://galego.farodevigo.es/portada-ourense/2018/08/21/universidad-popular-ofrece-78-cursos/1947882.html