Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel da iniciativa.

A iniciativa de Nacións Unidas U4SSC busca expertos en cidades intelixentes e sustentables e blockchain

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 02/07/18 (11:59)
  • A iniciativa United for Smart Sustainable Cities (U4SSC) de Nacións Unidas lanzou unha convocatoria de colaboradores voluntarios expertos e interesados no desenvolvemento de cidades intelixentes e sustentables para formar un grupo de traballo sobre "Blockchain 4 Cities".

 

O chamamento está aberto a expertos en urbanismo, enxeñeiros, deseñadores, lexisladores, técnicos das administracións, investigadores, xeógrafos, sociólogos e representantes da sociedade civil, entre outros actores relevantes do sector.

 

Contribucións ao desenvolvemento blockchain nas cidades intelixentes

O grupo de traballo profundará no desenvolvemento e aplicación da tecnoloxía de cadea de bloques para ofrecer solucións e servizos que faciliten cidades máis intelixentes e sustentables. As reunións e o traballo do grupo temático levaranse a cabo a través da plataforma en liña de U4SSC.

Os expertos deben estar dispoñible para as reunións e contribuír coas súas diferentes experiencias e coñecementos á redacción de documentos útiles na posible aplicación do blockchain ás cidades. O obxectivo é xerar un informe con todos os coñecementos achegados para a súa publicación a través da iniciativa U4SSC.

 

Inscrición

As persoas interesadas en formar parte deste grupo deben poder comunicarse en inglés, idioma de traballo das reunións e de elaboración dos documentos; deben estar dispostos a compartir e intercambiar experiencias e contribuír aos resultados do grupo; ademais de ter dispoñibilidade para as reunións en liña e aceptar a publicación do seu nomes, a súa profesión, país de residencia e correo electrónico na plataforma U4SSC.

A Secretaría da iniciativa de U4SSC (ITU, UNECE e UNU) xunto con outros organismos da ONU que apoian a U4SSC, seleccionarán aos expertos do grupo. Para formar parte deste novo grupo temático, a U4SSC habilitou un formulario de inscrición online.

Tema: Xeral
Fonte: esmartcity.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal