
O chamamento está aberto a expertos en urbanismo, enxeñeiros, deseñadores, lexisladores, técnicos das administracións, investigadores, xeógrafos, sociólogos e representantes da sociedade civil, entre outros actores relevantes do sector.
O grupo de traballo profundará no desenvolvemento e aplicación da tecnoloxía de cadea de bloques para ofrecer solucións e servizos que faciliten cidades máis intelixentes e sustentables. As reunións e o traballo do grupo temático levaranse a cabo a través da plataforma en liña de U4SSC.
Os expertos deben estar dispoñible para as reunións e contribuír coas súas diferentes experiencias e coñecementos á redacción de documentos útiles na posible aplicación do blockchain ás cidades. O obxectivo é xerar un informe con todos os coñecementos achegados para a súa publicación a través da iniciativa U4SSC.
As persoas interesadas en formar parte deste grupo deben poder comunicarse en inglés, idioma de traballo das reunións e de elaboración dos documentos; deben estar dispostos a compartir e intercambiar experiencias e contribuír aos resultados do grupo; ademais de ter dispoñibilidade para as reunións en liña e aceptar a publicación do seu nomes, a súa profesión, país de residencia e correo electrónico na plataforma U4SSC.
A Secretaría da iniciativa de U4SSC (ITU, UNECE e UNU) xunto con outros organismos da ONU que apoian a U4SSC, seleccionarán aos expertos do grupo. Para formar parte deste novo grupo temático, a U4SSC habilitou un formulario de inscrición online [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_8905_0.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfB5pz-1bsa2QexekCW2dkmZEPCgsiM1Ubx-qdDyhamxI5W2A/viewform