Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Laboralia.

Laboralia centra a súa nova edición nas ligazóns entre TIC e emprego

Versión para impresiónSend by email
A Coruña, 11/04/18 (10:56)

Esta semana estase a celebrar na Coruña o salón de emprego Laboralia 2018, organizado polo consello social da Universidade da Coruña e coa sede de Afundación como centro de operacións. Este ano, incluíuse unha importante novidade que nos toca de preto: a inclusión dun programa especialmente centrado na relación entre as novas tecnoloxías dixitais e o emprego. Esta edición de Laboralia, polo tanto, está a ser un evento especialmente acaido para toda persoa (empresarias/os, emprendedoras/es, profesionais, estudantes, tituladas/os) que queira facer sondaxes de por que vieiros tecnolóxicos vai discorrer o mercado de emprego. 

O programa desta convocatoria inclúe obradoiros e unha xornada formativa na que se celebrarán conferencias e mesas redondas. Os relatores dos obradoiros son Yaiza Rubio, primeira muller hacker de España en participar en Def Con & Black Hat en Las Vegas; Álvaro Núñez, máster en Seguridade Informática e membro de Telefónica Dixital España e de Hackers Club Academy; Ángel Hernández, experto en Intelixencia Artificial e desenvolvemento e adestramento de chatbots; Félix Brezo, analista de intelixencia en Eleven Paths; Pablo González, hacker e responsable de negocio tecnolóxico en Telefónica Digital España e Ignacio Villoch, construtor de ecosistemas de innovación aberta en BBVA.

A xornada formativa, prevista para o día 13 de abril, contará coa presenza de relatores relacionados co ámbito universitario e con Juan Antonio Rosell, director de Talento e Transformación de Everis.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal